Mondoñedo

Avelaíña Teatro segue a percorrer a provincia de Lugo  coa súa obra María Castaña.  Esta vez foi Mondoñedo a que acolleu a representación de dita obra o día 23 de febreiro, no auditorio PASCUAL VEIGA.

Como as representacións de Foz e Mondoñedo, foron en días sucesivos, para evitar os longos desprazamentos a Pontevedra, o grupo pernoctou no Seminario de Mondoñedo, gozando da paz e da tranquiladade que alí se respira.

Interior do Seminario de Mondoñedo

Claustro do seminario de Mondoñedo

Por outra parte, ó permanecer máis tempo nesta vila, permitíunos facer unha visita ó Museo de mindonienses ilustres así coma unha pequena excursión polos arredores, sempre guiados por Juan Meilán, un excelente cicerone, a quen lle estamos moi agradecidos.

Polos arredores de Mondoñedo

Polos arredores de Mondoñedo

Quezais por esas circunstancias a actuación en Mondoñedo foi das mais entrañables tanto polo numeroso público que asisteu, coma pola súa actitude, xa  que desde o primeiro momento sintonizou e mesmo empatizou co que na escena estaba a acontecer.

.

.

.

.

.

.