Mondoñedo

Avelaíña Teatro segue a percorrer a provincia de Lugo  coa súa obra María Castaña.  Esta vez foi Mondoñedo a que acolleu a representación de dita obra o día 23 de febreiro, no auditorio PASCUAL VEIGA.

Como as representacións de Foz e Mondoñedo, foron en días sucesivos, para evitar os longos desprazamentos a Pontevedra, o grupo pernoctou no Seminario de Mondoñedo, gozando da paz e da tranquiladade que alí se respira.

Interior do Seminario de Mondoñedo

Claustro do seminario de Mondoñedo

Por outra parte, ó permanecer máis tempo nesta vila, permitíunos facer unha visita ó Museo de mindonienses ilustres así coma unha pequena excursión polos arredores, sempre guiados por Juan Meilán, un excelente cicerone, a quen lle estamos moi agradecidos.

Polos arredores de Mondoñedo

Polos arredores de Mondoñedo

Quezais por esas circunstancias a actuación en Mondoñedo foi das mais entrañables tanto polo numeroso público que asisteu, coma pola súa actitude, xa  que desde o primeiro momento sintonizou e mesmo empatizou co que na escena estaba a acontecer.

.

.

.

.

.

.

Foz

!Que tempo temos! A frase coa que Martiño comeza a súa interpretación en “María Castaña” reflexa o tempo desapacible que nos acompañou na nosa visita a Foz. Foi eiquí, na Sala Bahia, onde o venres 22 de Febreiro, fixemos unha nova representación de “María Castaña”. As inclemencias meteorolóxicas e algúns problemas técnicos, ben resoltos polo noso técnico de luz e son,  non impediron que o público mostrase a súa simpatía durante e despois da actuación, como recolle o seguinte comentario:

Comentario da técnica de Cultura de Foz:
…. gustoume moito a obra. Está moi ben estructurada e conta perfectamente e con claridade a historia. Por outra parte os actores facédolo moi ben e as cantareiras danlle un toque de calidade …

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

Monforte de Lemos

O día 2 de Febreiro do 2013 “Avelaíña Teatro” representou de novo a obra “María Castaña”. Esta vez foi en Monforte de Lemos, comarca que está moi relacionada  cos acontementos que se narran na obra.

Grupo Avelaíña Teatro

Grupo Avelaíña Teatro

Para ter mais  información da actuación en Monforte de Lemos, así como da entrevista feita á Manolo Ayán pola  “Voz de Galicia” premer na seguinte ligazón: La Voz de Galicia ” (Terras de Lemos)

O seguinte vídeo feito por José Manuel Iglesias  consiste nun pequeno resumo da representación de “María Castaña” en Monforte de Lemos.

.

.

.

.

.

.

.

.

.