Jota das Neves

9. Jota das Neves

O carballo da Portela
ten a folla revirada,
que lla revirou o vento
nunha mañá de xiada. (bis)
Ai la la la ai la la la.

RETROUSO
Non hai ron, non hai ron Maruxiña
Non hai ron coma o da laranxiña.
Non hai ron, non hai ron Maruxela.
Non hai ron coma o da laranxeira.

Silva verde, se me prendes,
mira como me aseg(h)uras,
qu´eu xa me tiven ceibado
doutras cadeas máis duras. (bis)
Ai la la la ai la la la.

RETROUSO

Oliveira de cen anos,
bota raíces de prata.
Tomar amores non custa,
olvidalos si que mata. (bis)
Ai la la la ai la la la.

RETROUSO

Aparta loureiro verde
deixa clarear á lúa.
Se non vexo ós meus amores,
non vexo cousa ningunha. (bis)
Ai la la la ai la la la.

RETROUSO