Pasodobre de Laxoso

8. Pasodobre de Laxoso

Pica, canteiriño, pica,
pica na pedra miúda,
pica na muller allea
que outros picarán na túa. (bis)
Ai la le lo ai la la la

RETROUSO
Ole laranxiña,
laranxa, limón,
o que ten amores,
morre de paixón. (bis)
Limón e laranxa,
Quen non ten amores,
Se quere, os arranxa.

Na miña ventana teño
Reg(h)alo que ninguén ten.
A todas horas do día
vexo a quen eu quero ben. (bis)
Ai la le lo ai la la la

RETROUSO

A laranxa pequeniña
colle dentro do limón.
Tamén ti, meu queridiño,
colles no meu corazón. (bis)
Ai la le lo ai la la la

RETROUSO

Anda, meu amor,
vamos a bailar
que teño un segredo,
quérocho contar. (tris).
Anda, meu amor,
vamos a bailar.