Muiñeira de Santo Amaro

10. Muiñeira de Santo Amaro

Señor cura, señor cura (bis)
a doutrina non lla sei.
Pídame unhas cantiguiñas (bis)
que eu llas repinicarei.

bis

Moza bonita no mundo (bis)
non debera de nacer,
porque fai como a mazá. (bis)
todos a queren comer.

bis

Ser solteiro é boa cousa (bis)
e ser casado tamén,
Deixarei para cando morra (bis)
pensar no que me convén.

bis

Por dicir: Viva San Roque! (bis)
prenderon o meu irmán.
Agora que o soltaron: (bis)
Viva San Roque e o Can!

bis