Muiñeira de Oliveira

5. Muiñeira de Oliveira

Teño un amor que me ama,
outro que me dá diñeiro, (bis)
outro que me desengana
ese é o verdadeiro. (bis)
Ailalalalalalalala, ailalalalalalalalala

O muíño da Oliveira
heino de mandar pechar(e), (bis)
con caravillas de prata
heino de encaravillar(e). (bis)
Ailalalalalalalala, ailalalalalalalalala

Teño unha silva na porta,
nin me pica nin me prende. (bis)
Teño unha mala veciña
que sen diñeiro me vende. (bis)
Ailalalalalalalala, ailalalalalalalalala

A perdiz anda no monte,
o perdigón no valado. (bis)
A perdiz anda dicindo,
vente para aquí namorado. (bis)
Ailalalalalalalala, ailalalalalalalalala