Follas de limón

7. Follas de limón

Unha volta polo medio
outra polo arredore
así fai o que ben baila,
así fai o bailador(e). (bis)
Aialala aialala aialala aialala aialala aialala.

RETROUSO
Estas si que son follas de olivar.
Comer e beber e non traballar.
E non traballar e traballar non.
Estas si que son follas de limón

Miña nai e maila túa
quedan no río berrando.
Por culpa dunha galiña
que ten amores co galo. (bis)
Aialala aialala aialala aialala aialala aialala.

RETROUSO

Miña nai, miña naiciña
como miña nai, ningunha.
Que me quentou a cariña
Co caloriño da súa. (bis)
Aialala aialala aialala aialala aialala aialala.

RETROUSO

Vou a dar a despedida,
vou a dar a derradeira
Acabouse o chocolate,
Rompeu a chocolateira. (bis)
Aialala aialala aialala aialala aialala aialala.