Foliada de Rebordelo

2. Foliada de Rebordelo.

A perdiz anda no monte,
herba seca non a come.
O abrazo dunha moza,
tres días mantén a un home,(bis)
Ai alala ai alalaa

RETROUSO
Xa me dixo teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que te deixe quedar (tris)
pero como non sei
non te podo sacar

Miña sogra morreu onte,
enterreina no palleiro.
Deixeille un brazo de fóra
para tocar o pandeiro. (bis)
Ai alala ai alalaa

RETROUSO

Pasei pola túa porta,
axexei polo cerrollo.
No penico de mexar(e)
tiñas bacallau de mollo. (bis)
Ai alala ai alalaaa

RETROUSO

Vou a dar a despedida
na casca dunha cebola.
Despedida coma ela
só a dan en Vilaboa. (bis)
Ai alala ai alalaa

RETROUSO (bis)