Foliada de Portonovo

6. Foliada de Portonovo

De Marín a Portonovo
nunha lanchiña motora. (bis).
Fun solteiro e vin casado, meu ben
mais valera que non fora. (bis)

RETROUSO
Rapaciña, se vas,
á beiriña do mar,
non te fies do vento mareiro.
Que a lanchiña, que vai,
pola ría a pescar
co ventiño pode naufragar. (bis)

O crego vendeu a burra
por non lle dar a cebada. (bis)
Agora vai aos enterros, meu ben,
dacabalo da criada. (bis)

RETROUSO

Se queres que brille a lúa,
pecha os ollos meu amor(e). (bis)
Pois mentras os tes abertos,
meu ben
a lúa pensa que hai sol(e). (bis)

RETROUSO