A vendima

12. A vendima

Este cantar da vendima
éche un cantar vendimeiro. (bis)
Este cantar da vendima,
trouxérono do Ribeiro. (bis)

RETROUSO
Ailalalala ailalalala
Ailala lalala lalalalala. (bis)

Vendima, vendimadora,
na vendima do meu pai(e). (bis)
Eo viño vai na cabaza
e o pan na cestiña vai(e). (bis)

RETROUSO

Vendima, vendimadora,
na vendima do meu pai(e). (bis)
Eiche de comer as uvas
que outra cousa non cha hai(e). (bis)

RETROUSO

Este cantar da vendima
éche un cantar moi meiguiño. (bis)
Este cantar é da terra
onde se fai o bo viño. (bis)

RETROUSO