A roxiña do pelo

1. A roxiña do pelo

Ai, se queres eiquí, eiquí (bis)
ai, se queres alá, alá
ai, se queres na carballeira,
ai, na carballeira será, (bis)
Ai elelo ai elelalo

RETROUSO
Ai, roxiña, roxiña do pelo,
ven conmigo mallar o centeo,
o centeo e maila cebada
ai, roxiña miña namorada.

Ai, sentate aquí; xa me sento, (bis)
ai, deitate aquí; xa me deito,
ai, nós que levamola sona,
ai, levaremolo proveito. (bis)
Ai elelo ai elelalo

RETROUSO

Ai, vai calando, vai calando,(bis)
ai, cara de cañoto seco,
ai, vai calando, vai calando,
ai, que eu contigo non me meto. (bis)
Ai elelo ai elelalo

RETROUSO

Ai, que eu contigo non me meto, (bis)
ai, non me quería meter(e),
ai, mal raio de Deus te parta,
ai, se me volves responder(e). (bis)
Ai elelo ai elelalo

RETROUSO (bis)